A diversidade de industria audiovisual na era numérica (2015-2016)

O conxunto das expresións culturais, e concretamente, os bens e os sevicios audiovisuais sofren importantes cambios como consecuencia da expansión das tecnoloxías numéricas. O novo escenario numérico ofrece posibilidades para enriquece-la diversidade do audiovisual, de modo que a súa difusión se ve reforzada e se amplía o seu acceso ó público. Sen embargo, este escenario leva aparexados tamén importantes desafíos. A emerxencia de actores mundiais que levan a cabo, por exemplo, a prácticas de concentración ou inxenería fiscal e xurídica, pode afectar negativamente á diversidade cultural.

“A diversidade da industria audiovisual na era numérica” é un proxecto de investigación que se concentra tanto nos intermediarios poderosos (Google , YouTube , Spotify , Apple … ) coma nos pequenos e medianos axentes independentes. Asimesmo, trata de ofrecer unha evaluación da posta en práctica da “Convención sobre a protección e a promoción da diversidade das expresións culaturais”, adoptada pola UNESCO en 2005 e ratificada por máis de 120 Estados.

O proxecto « A diversidade da industria audiovisual na era numérica” se desenrola ó longo do exercicio bianual 2015-2016, no cadro do Programa Naciona I+D-i orientado ós Retos da Sociedade, do Ministerio de Economía e Competitividade de España.

 

 

Diversidade cultural e audiovisual: boas prácticas e indicadores (2012-2014)

O concepto de diversidade cultural mantén unha posición central nos debates sociais contemporáneos. Abordar, atender, integrar ou incorporar a “diversidade” tornou nun dos novos lugares comúns da política pública. Isto tamén é certo para o caso das políticas públicas para a cultura e a comunicación.

Parte da importancia adquirida por este concepto e a súa aplicación a diferentes aspectos da vida actual baséase no traballo realizado pola UNESCO (Declaración Universal sobre a Diversidade Cultural, 2001; Convención sobre a Protección e Promoción da Diversidade das Expresións Culturais, 2005) e por distintas organizacións sociais (Rede Internacional de Políticas Culturais-RIPC, Rede Internacional de Diversidade Cultural – RIDC, etc.)

O proxecto de investigación Diversidade cultural e audiovisual: boas prácticas e indicadores, desenvolvido no trienio 2012-2014, ten como finalidade aborda-lo tema da diversidade no contexto do funcionamento dos sectores do audiovisual (cine, televisión, radio, música, vídeo), con foco na realidade española.

O proxecto considera, como punto de partida, que a aplicación exclusiva das regras do mercado ó sector audiovisual representa unha ameaza para a diversidade cultural; pois esta situación equivalería a unha homoxeneización do audiovisual baseado nunha lóxica puramente económica e comercial, o que excluiría as expresións audiovisuais “menos rendibles” ou carentes de recursos e mecanismos de apoio necesarios para a súa expresión.

Os obxectivos do proxecto son:

  • Coñecer e analizar o impacto que tivo no audiovisual a ratificación da Convención sobre a Protección e Promoción da Diversidade das Expresións Culturais (UNESCO , 2005) por parte do Estado español.
  • Identificar cales son os factores e circunstancias que ameazan a diversidade no audiovisual.
  • Detectar boas prácticas que promovan a diversidade do audiovisual.
  • Desenvolver ferramentas para medir o grao de diversidade que presenta un sector audiovisual en particular, a fin de orientar políticas e estratexias.

Para os responsábeisdo proxecto, a efectiva protección e promoción da diversidade cultural no audiovisual precisa ter mecanismos capaces de diagnosticar o grao de diversidade cultural (e as problemáticas inherentes a ela) que presenta, a fin de orientar as políticas no sector audiovisual.